Inicio



O laboratorio de inclusión é unha iniciativa participativa que busca a participación e implicación dos diferentes axentes sociais de Ferrol:


A pandemia puxo de manifesto a importancia da liberdade, de non ter barreiras que nos impidan desenvolver o noso día a día...


Desgraciadamente, moitas persoas con diversidade funcional están limitadas, neste senso, desde moito antes de que a COVID-19 irrompera nas nosas vidas. Neste tempo, no que houbo grandes momentos para a reflexión persoal, quen máis e quen menos propúxose ser mellor, mellor fillx, nai, pai, irmá, mozx, etc. En definitiva, mellor persoa.


O laboratorio de inclusión busca ser semente do cambio en Ferrol. Todas e todos podemos aportar para facer da cidade un espazo inclusivo, no que as barreiras non sexan impedimento para ninguén.


No laboratorio de inclusión, cada compoñente conta!



Tres axentes sociais chaves para acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade:


Nesta plataforma atoparás un punto de referencia sobre a diversidade en Ferrol: desde información municipal, pasando por novidades das entidades, até un espazo de participación para toda a cidadanía.


Queremos acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade e todas e todos podemos aportar...



Contamos contigo?