No laboratorio de inclusión precisamos contar contigo!
Ademais das entidades do grupo de Dependencia e Diversidade Funcional e a Administración Pública, é preciso contar coa participación da cidadanía para acadar a plena inclusión das persoas con diversidade funcional.
Este proxecto busca servir como plataforma de encontro entre a totalidade dos axentes sociais. Se chegaches até aquí.... estarás a preguntarte que podes facer ti. É moi doado!
Cada pequeno xesto engade outro compoñente chave!
Coma persoal docente, estudantil, sector servizos,empresarial, etc. Todas as persoas temos algo que aportar. Este proxecto está a buscar tecer redes que faciliten a eliminación de barreiras entre o colectivo. Participar é moi doado e podemos facelo en distintos niveis:
- Trasladar situacións de desigualdade
- Fácemonos eco da túa RSC
- Crear contidos inclusivos
Na sección de actualidade desta plataforma iremos incorporando tódalas aportacións, novidades e contidos relativos á diversidade da cidade de Ferrol.
Se queres trasladar unha problemática, o laboratorio de inclusión servirá de altofalante e trasladará a incidencia á área ou entidade correspondente. Ademais, as túas aportacións relacionadas coa creación de contidos, sinerxias ou melloras en materia de inclusión serán promocionadas e postas en coñecemento do colectivo a través da plataforma.