Presentado o Laboratorio de Inclusión no Grupo de Dependencia e Diversidade Funcional

 


Eva Martínez presentou a plataforma a tódalas entidades que pertencen ao grupo sectorial


                           

A  concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, e a presidenta da Asociación Sociocultural ASCM presentaron ao grupo de Dependencia de Diversidade Funcional o Laboratorio de Inclusión. A plataforma, que leva funcionando desde o pasado decembro, pretende servir de altofalante do labor realizado polas entidades sociais en Ferrol.

Un traballo participativo e multimedia que serve de aposta polo traballo en rede e a conexión coa comunidade cidadá. Gárate e Martínez convidaron ás entidades a facer as súas achegas para facer do laboratorio un espazo de todas e todos. 

A cidadanía poderá empregar, asimesmo, o laboratorio para trasladar consultas ou suxestións que serán trasladadas á administración ou derivadas á entidade social especializada no campo da consulta.

"O confinamento fixo que a cidadanía reflexionase", destacou Montero, sendo este o mellor momento para "abordar a imperiosa necesidade dunha sociedade máis inclusiva", remarcou. 


É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario