ASCM ofrece un servizo personalizado para peregrinos con discapacidade

 

A entidade pretende facilitar que persoas con problemas de mobilidade teñan acceso á Ruta Xacobea; potenciando o Camiño Inglés




                           

Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, estrea un servizo especializado en atender as necesidades dos peregrinos con mobilidade reducida. Trala realización do proxecto da entidade SporTodxs Galicia, do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia,  detectouse unha elevada demanda, por parte do colectivo de persoas con discapacidade, de servizos que lles permitan realizar o camiño nas mellores condicións posibles.

A entidade ofrece, así, un servizo personalizado para peregrinos con discapacidade. As personas interesadas poderán solicitar: servizo de transporte adaptado desde os aeroportos, estacións de autobús, tren, etc. até o punto inicial do seu traxecto; servizo de porteo de mochilas e de equipamento; coche escoba de acompañamento e, incluso, aluguer de cadeiras de rodas, scooters, etc. para poder realizar o camiño. 


ASCM busca, con este novo servizo, potenciar o Camiño Inglés, entre o colectivo de persoas con discapacidade, sendo referentes de turismo accesible. Todas aquelas persoas interesadas en contratar estos servizos, poderán solicitar un presuposto detallado e axeitado ás súas necesidades, no mail info@ascmgalicia.org ou a través do WhatsApp 604 05 57 03.


É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario