A Asociación de Persoas Xordas ofrece asistencia para a declaración da renda

 


 A entidade brinda apoio ás persoas asociadas nunha campaña da renda especialmente complexa




A  Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra pon en marcha un servizo de apoio para que as súas persoas asociadas dispoñan de asistencia na realización da declaración da renda. Os ERTES e as limitacións impostas pola pandemia fan desta campaña da declaración un trámite complicado para moitas persoas.


Desde AXF posibilitan que as persoas socias poidan acceder a asesoramento por parte da avogada da entidade. Para solicitar dito servizo, deberán enviar unha mensaxe ao mail abogado.axf@gmail.com ou un WhatsApp ao 604 07 52 02.

Un servizo completamente individualizado e de balde para o que será necesario solicitar cita previa. A Asociación de Persoas Xordas continúa, así, có seu labor de eliminar as barreiras de acceso, a determinados servizos, entre o colectivo de persoas con discapacidade auditiva.

É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario