AXF e Concello de Ferrol demandan á Xunta de Galicia dotar á demarcación sanitaria de intérprete

  

A edil de Benestar apoia á presidenta da AXF na súa solicitude á Xunta de dotar de intérprete ó Área Sanitaria de Ferrol




A edil de Benestar Social do Concello de Ferrol, Eva Martínez Montero, mantivo unha reunión coa presidenta da Asociación de Persoas Xordas, Teresa Gallo Lastra, para abordar a situación do colectivo de persoas xordas en tempos de pandemia.

Martínez Montero mostrou o seu apoio ante a necesidade de solicitar á Xunta de Galicia, polo menos un intérprete que facilite a atención sanitaria do colectivo.

Desde o concello de Ferrol financian, vía convenio, o recurso de intérprete para a veciñanza da cidade departamental. Porén, remarcan é un recurso evidentemente limitado xa que no conxunto da demarcación sanitaria hai 1200 persoas xordas e desde a Xunta de Galicia, deberían dar cobertura a esta realidade.

É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario