Unha historia que evidencia a importancia das persoas que coidan

 

Montse Fraga, nai dun neno con mobilidade reducida, en situación de vulnerabilidade fronte á pandemia





A COVID-19 puxo de manifesto, entre outras cuestións, o papel fundamental que exercen as persoas que realizan tarefas de coidados na sociedade actual. O caso de Montse Fraga, nai dun neno con mobilidade reducida, que deu positivo por COVID o pasado mes evidenciou, unha vez máis, a desproteción dos colectivos máis vulnerables fronte a pandemia.

Esta nai naronesa tivo que convivir có seu fillo, pese a estar infectada. Asimesmo, a situación agravouse pola imposibilidade de contar có servizo de axuda a domicilio có que adoitaba contar Montse, nunha situación de "certa normalidade".

Realidade de moitas persoas que adican boa parte dos seus esforzos de vida aos coidados, sen ningún tipo de retribución nin recoñecemento social. 

A de Montse é unha de tantas historias semellantes. O consello Sectorial de Igualdade, coñecedor desta realidade, aprobou por unanimidade recoñecer a labor desenvolvida polas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)  có galardón do 8-M na cidade departamental.

Un pequeno, pero moi necesario, xesto cara un colectivo fundamental nestes tempos de pandemia.


É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario