Novas prazas reservadas na cidade de Ferrol

 

O aparcadoiro disuasorio de Canido e o do CHUF contan con prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida



O concello de Ferrol aumenta as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR) coas aperturas dos aparcadoiros de Canido e do centro hospitalario (CHUF). 

A residencia incorpora 4 prazas para persoas con mobilidade reducida. Un avance importante, especialmente nun aparcadoiro dun espazo que presta servizos de carácter esencial, coma o sanitario.

Doutra banda, o aparcadoiro disuasorio de Canido amplía, asimesmo, a oferta de prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida no barrio, trala súa apertura o pasado decembro.

Novidades importantes para favorecer a mobilidade e autonomía do colectivo de persoas con mobilidade reducida na cidade departamental.


É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario