A ASCM participará dun evento nacional polo 8-M

 

A entidade ferrolá tomará parte nun acto online sobre muller con discapacidade: "sexualidade, maternidade e familia"




A Asociación Sociocultural ASCM tomará parte dos actos, a nivel nacional, que a Federación COAMIFICOA organiza con motivo do Día Internacional da Muller. A presidenta da entidade ferrolá, Paula Gárate, é, asimesmo, vogal do consello da Muller e da Nena con Discapacidade do organismo estatal.

A xornada contará con interesantes ponentes e versará sobre sexualidade, maternidade e familia, desde a óptica do colectivo de mulleres con discapacidade. COAMICOA súmase ao carro das novas tecnoloxías, a través deste evento online có que pretende reivindicar a súa larga e pioneira traxectoria na defensa dos dereitos das mulleres con diversidade.

A iniciativa, de carácter aberto e de balde, terá lugar o vindeiro 5 de marzo ás 17.00 h, a través da plataforma Zoom.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na seguinte ligazón: inscrición webinar COAMIFICOA.  




É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario