ASCM busca peregrinos con discapacidade para o seu próximo proxecto

 

A Asociación Sociocultural ASCM busca peregrinos para o seu próximo proxecto



A Asociación Sociocultural ASCM procura experiencias de persoas con discapacidade para o seu próximo proxecto. Neste Xacobeo 2021, a entidade prepara unha iniciativa sensibilizadora e de visibilización do colectivo de persoas con discapacidade. Todas aquelas persoas con discapacidade que tiveran realizado o Camiño ou estean pensando en facelo, poderán contar a súa experiencia. A iniciativa, que conta con financiamento da Xunta de Galicia, forma parte do marco de propostas de “O teu Xacobeo”. 

Todas as persoas que cumpran cós requisitos e lles apeteza participar na iniciativa de ASCM poden contactar para máis información no: mail comunicacionascm@gmail.com, o WhatsApp 604 05 57 03 ou o teléfono 981 35 14 30. A entidade facilitará toda a información e pautas necesarias

É posible que che gusten estas publicacións

Ningún comentario