Nace o Laboratorio de Inclusión

Este laboratorio, con vocación de continuidade, súmase aos actos do concello para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade





Hoxe, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, nace este laboratorio no que cada compoñente conta. Todas e todos podemos aportar para facer de Ferrol un espazo diverso, onde a totalidade da cidadanía teña cabida. 

A pretensión desta plataforma é servir de punto de referencia sobre consultas, iniciativas e novas, en materia de diversidade. A web servirá de altofalante dos 3 eixos vertebradores da iniciativa: concello, entidades e cidadanía. 

Un total de 14 entidades sociais forma parte do Grupo de Dependencia e Diversidade Funcional do concello de Ferrol, artellado a través da concellería de Benestar Social. Serán estas entidades as auténticas protagonistas deste proxecto, con vocación de continuidade, no que todas e todos podemos sumar.

Se tes algunha demanda ou iniciativa, en materia de diversidade, poderás contactar có laboratorio e, desde a plataforma, se trasladará a demanda ou proposta á área ou entidade correspondente.

Arrincamos singladura con toda a ilusión do mundo, nunha data moi especial. Neste 3 de decembro é fundamental visibilizar as distintas capacidades existentes na nosa cidade. A Covid-19 imposibilitou a celebración de actos multitudinarios, porén este laboratorio de inclusión servirá para abordar cuestións chave para o colectivo, de xeito seguro, os 365 días do ano.

Contamos contigo, cada compoñente conta!


É posible que che gusten estas publicacións